
A Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) e a Fundación Cultural Media Desk España desenvolverán o próximo venres 13 de febreiro, a partir das 10:15 h, no Centro Galego de Arte Contemporánea (R/ ValleInclán, Santiago) unha sesión informativa sobre as axudas ao desenvolvemento de obras audiovisuais do programa da Unión Europea MEDIA 2007-2013, á que están convidadas todas as produtoras audiovisuais interesadas.
Pregamos confirmación de asistencia mediante mail de resposta a este envío, con indicación do nome da persoa/s que representarán a cada empresa.
En documento pdf adxunto poden consultar a estrutura, contidos e participantes na sesión.